UNHA TENDA EN 3D
Cara aos centros comerciais verdadeiramente "virtuais"
Mentres o comercio electrónico gaña espazo e confianza entre internautas e seguidores a cada ano que pasa, a miúdo escoitamos a definición "centro comercial virtual" para as ferramentas que diversas empresas ou asociacións dispoñen na rede para que os visitantes poidan mercar nunha serie de menús con imaxe dos produtos. En Francia vén de aparece unha novidosa evolución ao respecto: unha web que reproduce nun escenario virtual en tres dimensións a estrutura clásica dun centro comercial. Xurdida a finais de 2005, de momento xunta 80 tendas e xestionou compras por valor de 80 mil euros, mendia de 80 euros de gasto por cliente.
|